Defensor do Profesor

jueves, noviembre 09, 2006

A Xustiza recrimina á Mesa a súa persecución aos mestres e inspectores

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) recriminou á Mesa pola Normalización Lingüística a súa actitude no recurso contencioso-administrativo interposto por esta entidade sobre uns supostos incumprimentos da Inspección de Educación no uso do galego nas aulas. O tribunal recorda a este organismo que o seu cometido responde «á defensa do proceso de normalización do idioma galego, e non o de perseguir a profesores, inspectores, alumnos e país no ámbito educativo; nin substituílos, xa que non existe constancia de ningunha denuncia presentada por alumnos ou pais contra os centros ou profesores presuntamente infractores, sendo só eles os titulares de tal dereito lingüístico».
Na sentenza, a Sección Primeira do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia destaca que o recurso da Mesa «é inadmisible» ao pretender, «unicamente, que a Sala faga unha declaración de reprobación da política lingüística da Xunta, función que non corresponde a un tribunal de Xustiza».
O asunto remóntase a xaneiro e febreiro do 2004, cando aMesa denunciou presuntos incumprimentos do decreto 247/ 95 -sobre o uso do galego nas aulas- por parte da Inspección de Educación, polo que solicitaba á consel1ería que tomase as correspondentes medidas para a subsanación desas supostas irregularidades; e se fose o caso, impoñer as medidas sancionadoras oportunas.
Ante o silencio da Xunta, a Mesa anunciou o recurso contencioso-administrativo, no que acusaba a Aministración de deixación continuada de funcións.
O tribunal recorda tamén que a Mesa «pretende unha declaración de que a Administración fixo deixación de funcións e que se lle condene ao cumprimento das obrigacións do decreto 247/ 95, que non poden ser obxecto do recurso porque non caben sentenzas meramente declarativas, e moito menos que digan algo tan obvio como que a Administración está suxeita ao ordenamento xurídico».
O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón denunciou ante o rexistro da Consellería de Educación no 2004 a vinte inspectores «por neglixencia na defensa dos dereitos lingüísticos do estudiantado». Outras organizacion filonacionalistas tamén teñen denunciado a profesores se ensino secundario de Compostela con pasquins nos que figuraban nomes que recordaban os peores momentos da propaganda nazi.
A Sala Primeira do TSXG recorda aos recurrentes que «carecen de lexitimación para solicitar que se abran expedientes sancionadores aos inspectores e docentes».

3 Comentarios:

  • O que tiña que facelo tribunal é metelos na cadea de papel (só uns dias), por dedicarse a amolalos profesores. ¿Como poden catro amiguetes que son os mesmos que aparecen baixo vinte organizacións distintas, atreverse a falar e pensar polo resto dos galegos?

    Enviado por Anonymous Anónimo, a las 2:34 p. m.  

  • quieren hacer de las galescolas un trampolin para el nacionalismo, que pena que juegen asi con los más indefensos de nuestra sociedad

    Enviado por Anonymous Anónimo, a las 1:15 p. m.  

  • A conselleria deberia denunciar a Mesa Pola Normalizacion por mobing. esto é acoso clariasimo

    Enviado por Anonymous Anónimo, a las 2:42 p. m.  

Publicar un comentario

<< inicio